viernes, 28 de octubre de 2016

Celebramos o SAMAÍN

Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración: 
  • fixemos fichas para facer pequenos libros
  • debuxamos e escribimos contos
  • decoramos as portas e corredores
  • elaboraron un gran castelo que enchemos de figuras monstruosas que trouxemos das nosas casas e elaboradas con materiais de refugallo coa axuda de papá e mamá
  • tivemos sesión "de contos de medo" na Biblioteca coas das mestras Karen, Cristina e Angélica que nos contaron  3 contos: "A casa da miña avoa", "Onde viven os monstros" e "Carabuñas"
  •  rematamos o día xogando e bailando no ximnasio 

martes, 25 de octubre de 2016

Celebramos o Día da biblioteca Escolar


Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar o luns, 24 de outubro, os equipos da Biblioteca e  de Dinamización da Lingua Galega preparamos unha chea de actividades. 


       EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS

o   A partir do venres, 21 de outubro

o   Nas escaleiras, colocadas na rede.



       FORMACIÓN DE USUARIOS


o   Luns a 1ª hora: 5º e 6º  curso

o   Luns a 2ª hora: 3º e 4º  curso

o   Luns a 3ª hora: 1º e 2º  curso

o   Martes a 1ª hora: todo infantil


       Distribución da biblioteca e outros espazos

Organización dos fondos

Información sobre os adhesivos ou etiquetas

Normas de funcionamento
Vídeo sobre o conto “O cazo de Lorenzo”  Vidéo da "Canción para Rufo"



       APADRIÑAMENTO LECTOR

  “O cazo de Lourenzo”, de Isabelle Carrier

  Alumnado de 6º de infantil e alumnado de 6º curso
               No ximnasio despois do recreo.     DRAMATIZACIÓN "O cazo de Lourenzo"