miércoles, 23 de noviembre de 2016

Charla informativa para o alumnado de 6º curso


O luns, 21 de novembro, tivemos a oportunidade de contar coa psisóloga do CIM (Centro de Información á Muller), Ana María Abad, que impartiu unha charla informativa sobre AS EMOCIÓNS básicas (medo, rabia, alegría, tristeza e amor) ao alumnado de 6º curso de primaria.
Dividiu a sesión en tres partes:
.- Recoñecemento das emocións: describiunos o que son cada unha delas a través do que nos pasa fisicamente cando temos rabia, por exempo, e de como reaccionamos cando nos pasa isto.
.- Xestión de emocións: explicounos a técnica do semáforo e da tartaruga para manexar o que nos ocorre cando sentimos rabia.
.- Amosounos técnicas de relaxación e de autocontros.

Todos os nenos e nenas de 6º curso estiveron moi atentos e interesados e fixeron unha foto todos xuntos amosando cada unha das emocións aprendidas.


lunes, 21 de noviembre de 2016

Día dos DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno.

E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o
Día Universal dos DEREITOS DA INFANCIA

No noso centro o alumnado e profesorado, seguindo a programación recollida no proxecto da Biblioteca e no EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega), traballamos sobre este tema durante esta quincena.

Como primeiros traballos presentamos dous vídeos:

Estos son algúns dos traballos realizados


  • De Infantil: Derecho a Jugar
  • De 1º curso: Mural dos Dereitos da Infancia  
  • Exposición de Libros sobre os Dereitos
  • Apadriñamento lector de 2º curso a toda a primaria: A nena sen nome de Marina Chapman. 

viernes, 11 de noviembre de 2016

Celebramos o MAGOSTO

O venres, 11 de novembro, Día de San MARTIÑO,
fixemos un GRAN MAGOSTO no colexio.
Houbo moito canto e baile!!!,  pero sobre todo houbo unhas ricas castañas asadas.
Foron feitas, ao calor do lume, por Antonio e Enrique. Son moi bos "asadores", por iso o MAGOSTO do noso colexio é o mellor de tódolos magostos.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Charla informativa para 5º e 6º curso

O mércores, 9 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso tiveron  unha charla informativa sobre a temática do acoso escolar e o ciberacoso, a cargo do policía nacional Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.

Esta charla está enmarcada dentro do: 
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias)