viernes, 28 de abril de 2017

"Aquel Celeiro", visita de Laureano Míguez a aula de 5º curso


O xoves, 27 de abril, visitounos un antigo mariñeiro, Laureano Míguez, que nos contou como era a vida do Celeiro de antes, dos anos 30 ata a actualidade.
Non podíamos imaxinar que con nove anos xa comezaban a faenar no mar: eran os chamados nenos boteiros que axudaban aos mariñeiros cando chegaban coas embarcacións a terra, vixiando da lancha, levándolles auga abordo, lavando nos botes…
Daquela case non ían á escola debido a que tiñan que atender a estes traballos, ademais de axudar á familia nos labores do campo ou ir por leña ao monte.
Con apoio dunha serie de fotografías, Laureano foi contándonos os cambios na paisaxe mareira de Celeiro; era máis natural e preciosa antes. Tamén vimos como foron modernizándose as embarcacións, e falounos da época do chicharrón, que o salgaban en tinas como os porcos e logo comíanno todo o ano, incluso de almorzo.
Os alumnos e alumnas tiñan moi ben preparado o tema e fixéronlle a Laureano moitas preguntas interesantes.



martes, 25 de abril de 2017

Viaxe Cultural de 5º e 6º curso

O alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos seus titores Paco e Antonio, viaxaron ata o CENIMA en Foz
onde poideron ver a Exposición "SER VISIBLES" (Escoitar imaxes, retratar palabras), dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña. Foron atendidos pola artista Cristina Basanta e poideron observar as obras de 11 mulleres: Cristina Basanta, Lucía Catuxo, Zili Katova, Carmen Llonín, Renata Otero, Adri Pardo, Alicia Puchades, Pilar Rei, Eva Rivas, Laly Santos e Lucía Vila.

A continuación seguiron viaxe ata Alfoz onde visitaron a Torre do Mariscal Pardo de Cela










lunes, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR


 
SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON SERVANDO BARREIRO

O Bardo Abelardo rende homenaxe a Carlos Casares no ano en que se lle adedica o día das Letras Galegas 2017 con un espectáculo no que vai debullando unha serie de contos con referencias expresas ás obras infantis máis coñecidas como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”. Así escoitamos a historia de Leoncio , o inventor da bomba da Felicidade e outras historias máis, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da súa concertina. 


lunes, 3 de abril de 2017

Día do Libro Infantil e Xuvenil

O IBBY  (International Board on Books for Young People) promove desde 1967 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, para homenaxear e conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen.

No noso colexio para conmemorar este día levamos a cabo un Apadriñamento Lector a cargo do alumnado de 3º curso.
O conto tradicional "The Gingerbread Man" foi preparado durante a Hora de Ler pola profesora de inglés Rosa e o auxiliar de conversa Saúl.

Todo o alumnado de Infantil e de Primaria pasou pola Biblioteca para escoitar e ver a dramatización do conto.
Pasámolo estupendamente!!!



Día das Artes Galegas

MARUJA MALLO protagoniza o
DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Reas Academia Galega de Belas Artes
instituíu o 1 de abril como
DÍA DAS ARTES GALEGAS
MARUJA MALLO EN VIVEIRO
(La Voz de Galicia)
(La Voz de Galicia)
(El Progreso) 
Para recoller a información sobre a pintora e a súa obra e tamén os traballos realizados o colexio elaboramos unha páxina especial que vos invitamos a visitas.

https://sites.google.com/site/marujamallopedrosalatas/home


Día da árbore e da auga


Hoxe celebramos o Día da Árbore que, por mor da choiva e o mal tempo, aplazamos dende a semana pasada.
  • O alumnado de infantil e 1º e 2º curso de primaria plantaron lavanda arredor do parque infantil.
  • 3º curso repuxeron varias roseiras que secaron durante o inverno.
  • 4º curso limparon e recuperaron as plantas das macetas do parque infantil.
  • 5º e 6º curso plantaron o ameneiro que nos enviaron dende a Deputación de Lugo.
Ademais recitamos poemas e tamén estudamos as diferentes árbores e plantas que temos no noso Medio Ambiente.
Foi un día estupendo e aprendemos moitas cousas!!!
No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade