martes, 30 de mayo de 2017

Charlas informativas: Ciberexpert@


 
Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, está no noso centro co alumnado de 6º curso desenvolvendo o programa que ensina aos menores os riscos da internet e das RRSS. :

http://www.ciberexperto.org/ciberexpert/

Contido do programa:
Os alumnos e alumnas que realizan o curso de Ciberexpert@ reciben cinco horas de formación sobre temas como ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital, netiqueta e mediación parental.

Participación activa
Os alumnos e alumnas teñen unha participación activa no curso. De feito participan en debates sobre supostos prácticos e realizan un exame final ao termo das clases que, no caso de ser superado, condúcelles á recepción dun carné acreditativo dos coñecementos adquiridos.

lunes, 29 de mayo de 2017

Viaxe de Fin de Curso de 5º e 6º de Primaria

O alumnada de 5º e 6º curso, xunto coa profesora Virginia e o profesor Paco, fixeron a viaxe de fin de curso os días 24, 25 e 26 de maio. Foi unha excursión moi ben planificada na que poideron visitar moitos lugares de interese e onde o pasamos estupendamente.


miércoles, 24 de mayo de 2017

Excursión de infantil

Hoxe foi un día especial, as profes Marta, Mari, Ana, Cris, Bibi e tamén a coidadora Esther acompañamos aos nenos e nenas de infantil nunha das súas primeiras xornadas de praia deste ano. Estivemos tan entretidos coa area, castelos, cunchas, colas de serea e de crocodilo ... que case nos esquecemos de merendar!   Eso sí, cando nos demos conta, o silencio asolagou a praia do Vicedo: que fame tiñamos!!



miércoles, 17 de mayo de 2017

miércoles, 10 de mayo de 2017

Excursión de 3º e 4º curso

O martes, 9 de maio, o alumnado de 3º e 4º curso, xuntos coas súas titoras Rosa e Xulia, viaxaron ata Narón para visitar o Parque Temático "ALDEA NOVA" onde participaron en diferentes talleres:
  • Astronomía: Proxección o planetario.
  • Ciencia divertida: Experimentos de física e química.
  • Achegamento á bioloxía: Traballos con microscopios, terrario...
  • Cultura Castrexa con xogos de rol.
No seguinte vídeo podemos ver as fotos da súa viaxe.

Participamos no CORRELINGUA

http://www.lavozdegalicia.es/album/amarina/2017/05/09/correlingua/01101494329574646663988.htm
CLICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS PUBLICADAS NA VOZ DE GALICA

NOTICIA SACADA DO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"
O tempo primaveral axudou a que o Correlingua batera este ano récord de participación na Mariña, contando nesta edición con máis de dous mil alumnos da comarca paso a paso ou correndo en Viveiro baixo o lema "En galego, sen cancelas". Moita xente nova arroupando o seu idioma e dándolle máis vida en tempos difíciles nos que as estatísticas constatan a perda de galegofalantes. De aí a importancia dunha cita como o Correlingua, baixo a organización de CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración na cita mariñá do Concello de Viveiro.

Nenos e adolescentes, xeracións de diferentes idades, compartiron espazo na cidade do Landro nunha mañá do máis reivindicativa, os máis pequenos dando un paseo dende a zona do pavillón deportivo ata a Praza Maior onde os agardaba Cé Orquestra Pantasma para entretelos e facerlles bailar e os máis grandes correndo. A festa final contou coa coñecida actriz galega Isabel Risco de presentadora do evento que tamén deu a coñecer máis talentos, como as animacións musicais do IES de Foz. Un dos grupos gañadores do concurso Cantalingua e Alberto Sobrado puxeron a nota musical da xornada, na que a lectura do manifesto correu a cargo de alumnos do CEP Lois Tobío de Viveiro.

Participantes na carreira do CORRELINGUA, quedando gañadores en 1º e 2º lugar da súa categoría:
David Rego e Lucas Fanego.

sábado, 6 de mayo de 2017

A MARIÑA CON MOITA ARTE

PÁXINA DO COLEXIO

Na tarde do venres, 5 de maio, os traballos das Bibliotecas Escolares dos Centros da Mariña formaron parte dunha exposición conxunta que se instalou na Sala de Usos Múltiples e na Biblioteca do Concello de Viveiro.
As coordinadoras e equipos docentes montaron os seus  respectivos traballos e todos xuntos formaron un gran  TERRITORIO DAS ARTES.

Charla informativa sobre os riscos na internet e redes sociais

O alumnado de 5º curso de primaria tivo a oportunidade de contar coa visita do delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, ofrecendo unha charla sobre os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais da internet, dentro do Plan Director.
O ciberacoso «é a ferramenta grupal máis poderosa para executar o acoso escolar e maniféstase con mensaxes insultantes, humillantes e crueis, con ameazas, suplantando a identidade doutros compañeiros para danar a súa reputación ou amizades, revelando secretos, informacións ou fotos comprometidas ou privadas, ou excluíndo intencionadamente a compañeiros de grupos «online».

jueves, 4 de mayo de 2017

Función de Teatro no Pastor Díaz

O alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria acudiron ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para asistir á función "A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR" de Redrum Produccións.

Guillermo Carbajo e Laura Míguez 
son os protagonistas

Unha comedia  na que a través de técnicas de reforzo positivo e para mellorar a autoestima dos nenos e nenas preséntase unha historia contra o acoso escolar.
A protagonista é unha nena que, farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, vaise da escola coa intención de non volver. 
Na súa aventura atópase co Xeadeiro, un ser máxico e vital que a base de contos, xogos e cancións lle devolve a autoestima.