sábado, 24 de junio de 2017

Actividade Extraescolar: Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez

Na mañá do xoves 22 de xuño, os nenos e nenas que participaron no Obradoiro de Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez Salgueiro, puxeron en escea a obra de teatro:

TELEINVASIÓN

A obra fai un repaso polos programas da tele de maior actualidade. Unha visión divertida que alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º representaron en seis actos: Pasapalá, Telexornal de novas vellas, Mira quen cociña, miña madriña, Coleimpiadas 2017, A Revista Xa Vale, Despacito e Vaia trola: Naseiro!
Como vén sendo característica do teatro escolar, dende o curso 1992-1993 que iniciou a súa andaina no noso colexio, as obras reivindican tres aspectos: didáctico, valores humanos e humor.
No mes de setembro estas magníficas actrices e actores escenificarán a obra para os pais na Casa do Forno.
O vindeiro curso continuaremos ensaiando de outubro a xuño e van 25 anos, un cuarto de século con Teatro Escolar no Colexio de Celeiro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario